Programas Sociais – Tecendo oportunidades: FSE – 2019/2020

 

 

 

Subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade.

Secretaría Xeral da Igualdade

Operación cofinanciada pola Unión Europea PO Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020

Obxectivo: Promover a igualdade e a inclusión social

O FSE inviste no teu futuro

 

Neste periodo, devido a situación da COVID-19, o programa quedou interrompido dende marzo a maio, continuando despois do estado de alarma coa “nova normalidade”: atención sempre con cita previa ou vía teléfonica, formacións en grupos moi reducidos, incluso de xeito individual, medidas de seguridade para entrar nas instalacións (máscaras, xel hidroalcohólico…) etc. 

Nestes momentos van atendidas 70 mulleres aproximadamente, nas diferentes áreas que engloba o programa (información e orientación, orientación laboral, atención psicolóxica, medianción famliar)  e na área de adquisición de habilidades básicas realizáronse as seguintes formacións:

 

  • Lingua e cultura española e galega (destinado a mulleres de orixe marroquí)
  • Siñelo Cali: lectoescritura e outras habilidades para desenvolvernos no noso día a día (destinado a mulleres xitanas)
  • Ecofeminismo: elaboración de produtos de hixiene e cosméticos con produtos naturais.
  • Empoder-arte:  mellora da autoestima a través de terapias artísticas.
  • Informática básica e informática orientada á busca de emprego.
  • RE-coñécete. Obradoiros de sexualidade. 
  • Atención ao cliente orientado á venda ambulante.
  • Obradoiros de superación persoal e autoestima.
  • Búsqueda de emprego a través da Internet (esta formación lévase a cabo moitas veces de xeito individual).
    Alumna asistindo á formación de informática Alumna do curso “atención ao cliente” amosando carteis feitos en clases que empregou para o seu posto na Feira.  Xabóns elaborados polas alumnas do curso de Ecofeminismo, e materiais empregados para facelos.