2018/19
Dende Setembro, un grupo de 12 nenos e nenas, acuden a Femuro todos os Xoves a “Reforzo e moito máis”.
Neste curso temos actividades de:
- Animación á lectura e contacontos. Sempre con valores igualitarios e respetuosos.
- Visibilización de mulleres importantes da historia: Frida Kahlo, Ada Byron, Mary Shelley, Jane Goodall, Malala Yousafzai, Mary Read, Valentina Tereskova, Hildegart Von Bingen, Wangari, Amelia Earhart… e moitas mulleres máis, que non soen ocupar os libros de historia pero que dende Femuro pretendemos que nenos e nenas coñezan para poder ter así, referentes de ambos dous sexos.
- Educación musical: creación e coñecemento dos instrumentos musicais.
- Obradoiros de cociña: os propios nenos e nenas elaboran doces, brochetas de froita, pizzas…
- Emocion-arte: Expresión das emocións mediante actividades artísticas.
- Xogos: ao aire libre se o tempo acompaña, e no interior nos días de frío e chuvia.
- Aproximación ao arte: coñecemento de grandes obras e artistas.
- Celebración de festas, tradicións e días internacionais: día da muller, Nadal, Entroido, día da non violencia contra ás mulleres…
- Femuro polo mundo: xeografía, historia, costumes, tradicións, musicas rexionais… Visitamos coa imaxinación diferentes lugares do planeta.
- Astronomía: coñecemento do universo e observación de estrelas.