Programas sociais – O mundo en violeta
“ O mundo en violeta: promoción da cultura con perspectiva de xénero”
A través deste proxecto levamos a cabo diferentes actividades culturais e recreativas todas elas realizadas dende a perspectiva de xénero e coas as que pretendemos implicar a diferentes colectivos da nosa provincia, facendo fincapé fundamentalmente nos centros escolares e nas mulleres rurais.
As actividades que se van a levan a cabo son:
– Contacontos en centros educativos, Anpas e bibliotecas con valores positivos, igualitarios e non violentos, con posterior actividade manual e reflexiva acerca dos valores tratados, promovendo a igualdade de xeito lúdico e resaltando os modelos culturais femininos. Ditas actividades serán en centros educativos de Verín e Xinzo. (Ver apartado Femuro coa infancia/ actividades de sensibilización.
– Obradoiros coa adolescencia, en institutos e bibliotecas, con lecturas, visionado de películas, videoclips e análise de medios de comunicación, para crear conciencia igualitaria de xeito recreativo e atractivo.
– Visibilización de mulleres importantes na cultura galega e española nas nosas redes sociais.
– Creación dun CLUBE DE LECTURA VIOLETA, no que as lecturas escollidas son escritas por mulleres e/ou teñan perspectiva de xénero. Será esta mesma perspectiva a empregada á hora de analizar co grupo os contidos do libro. Haberá un club de lectura en Verín e outro en Ribadavia.
– Elaboración de 2 guías de lectura con perspectiva de xénero. Unha para público adulto e outra para público infantil. Estas guías consistirán nunha recompilación de títulos recomendados que sexan respectuosos e igualitarios, e cos que se poidan traballar este valores. Farase de cada un deles unha pequena descrición do contido, así como os datos básicos: autor, editorial, etc.
– Creación do VOLUNTARIADO VIOLETA, proporcionando á mocidade unha formación en igualdade de oportunidades e elaboración de materiais e obradoiros con perspectiva de xénero, para que despois da formación o poidan levar a cabo con grupos de nenos e nenas en Femuro, a biblioteca municipal, as Anpas… sendo así eles e elas mesmas promotores do cambio cara a verdadera igualdade e proporcionando así unha oferta ata o momento inexistente de actividades culturais para a xuventude e para a infancia trasmitindo e inculcando valores positivos hacia toda a sociedade.