Garantía Xuvenil

 

    

“O FSE invirte no teu futuro”

 

Femuro ten concedida de novo (como terceiro ano consecutivo) a subvención para a contratación de traballadoras-es desempregadas-os a través doPrograma de Garantía Xuvenil, dirixida a persoas menores de 30 anos inscritas no sistema Nacional de Garantía Xuvenil en relación co obxectivo OT8 “conseguir formación e un emprego de calidade” (estratexia de comunicación 2014/2020).

Todo esto a través da Secretaría Xeral de Emprego, co apoio financieiro da Unión Europea a través do Fondo Social Europeo e a Inciativa de Emprego Xuvenil. 

 

ACTUACIÓN:  Programa de Educación, formación e sensibilización en igualdade no rural. 

 

Consistiu en actividades educativas e formativas dirixidas a poboación do rural en situación de vulnerabilidade e/ou risco de exclusión social:

  • Xornadas, formación e seguimento de persoas adultas:  igualdade en escolas de familias e formacións específicas para profesorado, organización da actividade “mesas de mulleres” (mesa de experiencias de mulleres rurais), execucións de programas de emerxencia social, creación de contidos multimedia, xestión de campañas do 25N e 8M, orgranización de xornadas de desenvolvemento rural… 
  • Actividades extraescolares lúdico-educativas para nenas-os: reforzo escolar, manualidades, primeiros pasos co PC, educación en valores, en igualdade de xénero, hábitos saudables, xogos… mediante estas actividades favorecemos, ademáis, a conciliación.

  • Obradoiros de Igualdade en Centros Educativos de Verín e Xinzo: actividades de sensibilización en materia de igualdade e sexualidade, presentación e actividades da exposición “mulleres con historia”,  actividades específicas polo 8M e o 25N …

 

INTERESE XERAL E SOCIAL

A través deste servizo achegamos recursos ao rural adaptándonos ás necesidades que a poboación presenta dando acceso á formación, especialmente a persoas en situación de vulnerabilidade. Ademais, por outra banda, favorécese a conciliación familiar e persoal mediante as actividades dirixidas á infancia.

En todas as actuacións de Femuro está presente de forma transversal a igualdade de xénero. Importante relevancia ten o traballo e actividades dirixidas á infancia neste ámbito para favorecer a coeducación.

 

 

PERSOAS BENEFICIARIAS

Persoas en situación de vulnerabilidade que viven no rural (mulleres, persoas con menores a cargo, persoas con escasos recursos, sen apoio familiar, baixa cualificación…)

As persoas beneficiarias polo tanto serán tanto nenas e nenos como persoas adultas.

Para a selección das persoas beneficiarias tívose en conta prioritariamente, por unha banda, aquelas derivadas dos Servizos Sociais e outras entidades sociais e por outra, as mulleres das asociacións integradas en Femuro así como as súas familias.

 

RESULTADOS ACADADOS DA ENTIDADE

Facilitar a experiencia profesional das traballadoras a través das seguintes actuacións:

  • Formación de persoas adultas e seguimentos sociais : desenvolvéronse as xornadas de desenvolvemento rural e as mesas de mulleres, cunha participación de 400 mulleres rurais e atendéronse a unhas 40 familias desfavorecidas a través dun programa de emerxencia social. 

 

  • Actividades infantís lúdico educativas :Reforzo e moito máis (durante o curso escolar) e Femuro Verán (durante o mes de xullo). Mediante este programa traballamos directamente cos/coas nenos/as de entre 4 e 12 anos. Os resultados acadado foi a formación de de 20 nenos e nenas en situación ou risco de exclusión social. 

 

  • Actividades de promoción da igualdade de Oportunidades en Centros Educativos: continuar coas actividades de Igualdade no mes de Marzo con motivo do Día Internacional da Muller e do 25N Día Internacional contra a Violencia de Xénero, así como transversalmente en outras datas. Chegamos a 500 nenos e nenos de primaria, 500 adolescentes nos institutos e 300 nenos e nenas de Educación Infantil. 

 

RESULTADOS ACADADOS PARA AS PERSOAS TRABALLADORAS

  • As traballadoras obtiveron experiencia na formación de persoas de todas as idades e circunstancias sociais.
  • Adquiriron as habilidades necesarias para o desenvolvemento de programacións específicas entorno o eido social-educativo. 
  • Formáronse , á vez que traballan, en igualdade de xénero e poidan implementalo transversalmente en todas as súas actuacións.