2017
PROGRAMA DE ATENCIÓN A FAMILIAS EN SITUACIÓN OU RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL CON MENORES A CARGO
O programa de Atención a Familias en situación ou risco de exclusión social con menores a cargo é un programa FINANCIADO TODO O ANO 2017 POLA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE.
O eixe principal do Programa foi paliar as necesidades máis urxentes (comida, hixiene, saúde…) das familias beneficiarias, a través das axudas de emerxencia social. Esta actuación complementouse abordando outro tipo de carencias e situacións de necesidade , proporcionando seguridade, recursos, estabilidade emocional e familiar…
As actuacións levadas a cabo durante o programa foron:
- Medidas de Atención Urxente. Entrega de: alimentación, roupa e calzado, pequenos electrodomésticos, material escolar, medicamentos e outros produtos de farmacia.
- Itinerarios personalizados. Todas as familias beneficiarias do programa tiveron un itinerario personalizado.
- Actividades formativas puntuais.
- Actividades cos-as menores. (Ver apartado Femuro coa infancia/reforzo e moito máis).
- Festa de Nadal. Pensamos que o Nadal deberíano desfrutar todos os nenos e as nenas e todas as familias independentemente das súas circunstancias. Por iso rematamos o ano cunha festa de nadal na que convidamos a vir a todos os membros da familia.
Durante o ano 2017 foron atendidas a través deste programa un total de 30 familias (110 persoas).