RECREOS DE CONTO: AS MULLERES CONTAN

 

Dende Femuro, e en colaboración do Equipo de Dinamización da Biblioteca do C.E.I.P. Amaro Refojo, lévanse a cabo diversas actividades de sensibilización en Igualdade de Xénero no Centro Educativo a través do seu programa “O mundo en Violeta”. Entre elas está “RECREOS DE CONTO: as mulleres contan “ que consiste en sesións de contacontos coeducativos unha vez ao mes na hora do recreo.