Fins

  1. Contribuír e promover á igualdade de oportunidades e o desenvolvemento das mulleres rurais en e todos os ámbitos (social, político, económico e social)
  2.  Potenciar a educación na igualdade de oportunidades, sensibilizando á poboación sobre a situación de desigualdade que sofren as mulleres rurais.
  3. Conseguir que as mulleres dispoñan da información suficiente sobre os seus dereitos e os recursos existentes, eliminando todos os actos discriminatorios cara á muller.
  4. Ocuparse da muller rural a través da súa concienciación e buscando vías para axudala a desenvolver a súas capacidades persoais e económicas e integrala na vida pública.
  5. Loitar pola erradicación da violencia sufrida pola muller a nivel moral ou material e fomentar a súa inserción laboral.
  6. Fomentar a participación social e política. 
  7. Promover a realización de estudios e informes sobre a situación da muller rural.
  8. Impulsar a participación social, cultural, económica da muller nos procesos emerxentes de desenvolvemento que se produzan no seu territorio.
  9. Mellorar o benestar social e a calidade de vida das mulleres no medio rural.
  10. Fomentar a conciliación da vida familiar e profesional dos homes e das mulleres.
  11. Sensibilizar e colaborar cos medios de comunicación, para que presenten unha imaxe equilibrada e non estereotipada das mulleres.
  12. Promoción do emprego e formación do colectivo de mulleres rurais.
  13. Fomentar e incentivar ó acceso da muller as actividades empresariais.
  14. Promover o asociacionismo feminino.
  15. Planificar, promover, coordinar e executar actividades que beneficien directa ou indirectamente o conxunto de mulleres do medio rural, propiciando intercambio de experiencias con outras mulleres.
  16. Proporcionar actividades de formación e capacitación ás distintas asociacións federadas.
  17. Asesorar e apoiar a todas as asociacións integradas na Federación.
  18. Colaborar con outras organizacións similares que participen total ou parcialmente dos fins desta, en todas aquelas cuestións que gocen de interese mutuo.
  19. Representar a todas as asociacións federadas ante as autoridades e organismos públicos.
  20. Promoción, organización e realización de actividades cara a xuventude co fin dunha maior integración, participación e formación.
  21. Promoción de actividades dentro das áreas de servizos sociais, abarcando todos os colectivos desfavorecidos.
  22. Fomento e promoción do voluntariado.
  23. Dar a coñecer á muller do medio rural os recursos culturais e naturais do seu hábitat.
  24. Promover a defensa, conservación e mantemento do patrimonio e dos bens culturais no medio rural.
  25. Potenciar e impulsar hábitos de vida saudables da muller.
  26. Informar sobre temas de saúde á poboación rural en xeral.
  27. Promoción de actuacións encamiñadas a mellorar a calidade de vida dos anciáns e ancianas do medio rural.
  28. Promoción, educación, fomento e protección do medio ambiente.
  29. Fomentar o acceso e formación da poboación rural nas novas tecnoloxías.
  30. Coordinar cas diferentes asociacións e organismo a nivel local, nacional e internacional, que poidan activar e realizar os obxectivos da Federación.
  31. Prevención do alcholismo no medio rural.
  32. A cooperación ou axuda a actividades de desenvolvemento en países en vías de desenvolvemento, en calquera das súas manifestacións ou modalidades.
  33. Fomentar o uso da lingua galega, así como a utilización desta dunha forma non sexista.
  34. Promover actividades de integración laboral entre o colectivo de persoas inmigrantes e emigrantes retornadas.
  35. Promover preferentemente actuacións destinadas a persoas maiores e persoas con discapacidade.
  36. Promover con carácter preferente a prestación de servizos sociais na área de actuación dos servizos sociais comunitarios: programas de orientación, asesoramento e información, de axuda no fogar, de inserción social, de animación e de prevención.