Programa de atención a familias — 2018

O eixe principal do Programa volve ser para o 2018 paliar as necesidades máis urxentes (comida, hixiene, saúde…) das familias beneficiarias, a través das axudas de emerxencia social. Esta actuación complementase abordando outro tipo de carencias e situacións de necesidade , proporcionando seguridade, recursos, estabilidade emocional e familiar… 

As actuacións que se van levar a cabo durante o 2018 serán:

  • Medidas de Atención Urxente. Entrega de: alimentación, roupa e calzado, pequenos electrodomésticos, material escolar, medicamentos e outros produtos de farmacia. 
  • Itinerarios personalizados. Todas as familias beneficiarias do programa teñen un itinerario personalizado. 
  • Actividades formativas puntuais. 
  • Actividades cos-as menores. (Ver apartado Femuro coa infancia/reforzo e moito máis). 
  • Festa de Nadal.