Programa de atención a familias — 2017

PROGRAMA DE ATENCIÓN A FAMILIAS EN SITUACIÓN OU RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL CON MENORES A CARGO

 

 

O programa de Atención a Familias en situación ou risco de exclusión social con menores a cargo é un programa FINANCIADO TODO O ANO 2017 POLA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE.

O eixe principal do Programa foi paliar as necesidades máis urxentes (comida, hixiene, saúde…) das familias beneficiarias, a través das axudas de emerxencia social. Esta actuación complementouse abordando outro tipo de carencias e situacións de necesidade , proporcionando seguridade, recursos, estabilidade emocional e familiar… 

As actuacións levadas a cabo durante o programa foron:

  • Medidas de Atención Urxente. Entrega de: alimentación, roupa e calzado, pequenos electrodomésticos, material escolar, medicamentos e outros produtos de farmacia. 
  • Itinerarios personalizados. Todas as familias beneficiarias do programa tiveron un itinerario personalizado. 
  • Actividades formativas puntuais. 
  • Actividades cos-as menores. (Ver apartado Femuro coa infancia/reforzo e moito máis). 
  • Festa de Nadal. Pensamos que o Nadal deberíano desfrutar todos os nenos e as nenas e todas as familias independentemente das súas circunstancias. Por iso rematamos o ano cunha festa de nadal na que convidamos a vir a todos os membros da familia. 

Durante o ano 2017 foron atendidas a través deste programa un total de 30 familias (110 persoas).