Programa de atención a familias

 

O programa de Atención a Familias en situación ou risco de exclusión social con menores a cargo é un programa FINANCIADO TODO O ANO 2017 POLA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE.

Este, é un referente na comarca en canto á cobertura de necesidades básicas. Non obstante o programa vai máis alá e proporciona ferramentas en canto adquisición de recursos persoais para todo o núcleo familiar.

O eixe principal do Programa é paliar as necesidades máis urxentes (comida, hixiene, saúde…) das familias beneficiarias, a través das axudas de emerxencia social. Esta actuación complementouse abordando outro tipo de carencias e situacións de necesidade, proporcionando seguridade, recursos, estabilidade emocional e familiar… Todo acadouse mediante un seguimento global das familias, con itinerarios familiares, entrevistas persoais, visitas aos domicilios, actividades formativas puntuais e con estímulos para os-as menores que están a vivir estas difíciles situacións e que , moi frecuentemente, están faltos de habilidades sociais e relacionais…

As actuacións levadas a cabo durante o programa son:

MEDIDAS DE ATENCIÓN URXENTE:

  • Alimentación. Produtos non perecedoiros e alimentación fresca. 
  • Roupa e calzado
  • Pequenos electrodomésticos
  • Medicamentos e produtos de farmacia. Sobretodo para bebés, pero tamén nalgúns casos aos pais e nais.
  • Material escolar.  

OUTRAS ACTUACIÓNS:

  • Itinerarios personalizados. Todas as familias beneficiarias do programa teñen un itinerario personalizado. 
  • Actividades formativas puntuais.
  • Actividades cos-as menores. (Ver apartado “Reforzo e moito máis” en “Femuro coa Infancia”). 
  • FESTA DE NADAL.  A festa consiste na visita de Papá Noel, merenda, música e  sobretodo, compartir un rato xuntos-as, esquecendo os problemas que lles levaron a ser usuarios-as deste servizo.

D