Femuro Solidaria

FEMURO SOLIDARIA:
PROGRAMA DE ATENCIÓN A PERSOAS CON ESCASOS RECURSOS ECONÓMICOS

Púxose en marcha por primeira vez no ano 2010 xa que contamos cunha subvención de Obra Social Caja España. Ao longo destes anos, a pesares de non contar con ningunha axuda de institucións, FEMURO decide mantelo debido ao gran valor social do mesmo e grazas á colaboración desinteresada e doazóns de establecementos, particulares e asociacións de MM.RR. adheridas a FEMURO, ou en campañas de recollida en momentos puntuais en escolas, supermercados, etc.

O obxectivo principal céntrase en garantir a cobertura de necesidades básicas (alimentación, hixiene, roupa e calzado) daquelas persoas en situación de extrema pobreza e vulnerabilidade social, sobre todo naqueles casos de familias con menores. Ademais se xurde a necesidade de outro tipo obxeto, tales como accesorios bebé, xoguetes,… inténtanse cubrir así mesmo por medio de doazóns.

Para elo, mantemos unha coordinación permanente cos Servizos Sociais e outras entidades para que non existan duplicidades e asegurar unha mellor cobertura das necesidades das persoas beneficiarias. De forma complementaria, realízase un itinerario de inserción personalizado (orientación laboral, formación,…) e inclúense en outras actividades levadas a cabo tanto dende FEMURO como dende outras entidades.

forto alimentos

COMEDOR SOLIDARIO DE VERÁN PARA NENAS E NENOS DESFOVERIDAS-OS DENTRO DA ACTIVIDADE FEMURO VERÁN

(Ver apartado “Femuro coa infancia” / “Femuro Verán”)