Concilia e emprega: FSE

logo_azul_europa

 

 

 

 

 

Subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade.

Secretaría Xeral da Igualdade

Operación cofinanciada pola Unión Europea PO Fonddo Social Europeo Galicia 2014-2020

Obxectivo: Promover a igualdade e a inclusión social 

O FSE  inviste no teu futuro

 

Este é un dos programas sociais con máis peso dentro de FEMURO, xa que se ven desenvolvendo de forma ininterrompida dende o ano 2010 e ten gran relevancia porque acolle a mulleres xestantes e/ou lactantes con fillos menores de 3 anos, prestando unha atención máis especial a aquelas que sofren maior vulnerabilidade ou risco de exclusión social.

Dende o ano 2015 para o desenvolvemento do mesmo contamos coa colaboración da Secretaría Xeral da Igualdade a través da subvención para Programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade.

O obxecto do programa é mellorar a inserción social e formativa-laboral das mulleres beneficiarias, promovendo que estas poidan adquirir os medios e recursos que lles permitan participar en condicións de igualdade na sociedade, reducindo deste xeito os factores que causan a súa discriminación.

Por outra banda a través del, traballamos coas mulleres e coas súas familias, facendo actividades que reforcen vínculos afectivos de maneira positiva e sen estrés, habilidades sociais e estimulativas, obradoiros de vida saudable, mediación familiar, apoio psicolóxico…. Todas estas actividades contribuirán a unha mellor calidade de vida e polo tanto a unha mellor empregabilidade das mulleres.

O programa ten ámbito provincial e debido a que a sede central de FEMURO está situada no municipio de Verín, o principal punto de atención ás beneficiarias atópase no mesmo.

O programa inclúe as seguintes liñas de actuación:

  • Servizos de orientación e información sobre recursos singularizados, de atención, orientación e asesoramento persoal e social, así como de apoio directo nas relacións con outras entidades, organismos e servizos que faciliten ás persoas usuarias o seu proceso de integración social.
  • Servizo de atención psicolóxica. Atención personalizada e terapia psicolóxica.
  • Servizo de asesoramento xurídico. Aquelas mulleres que o necesiten poden atopar a través deste recurso un espazo onde plantexar dúbidas legais osbre a súa situación persoal.
  • Servizo de mediación familiar e intercultural. Servizo a disposición das familias beneficiarias do programa, con planificación de actuacións, visitas domiciliarias e acompañamentos.
  • Actividades para adquisición de habilidades persoais e socias básicas ou de competencias para a mellora da empregabilidade: alfabetización, obradoiros específicos sobre maternidade, emprego, autoestima, habilidades sociais… actividades cos nenos e cas nenas de desenvolvemento, afectividade e respiro familiar…
  • Servizo de apoio e orientación laboral para a mellora da empregabilidade. Esta liña e permanente en Femuro e inclúe: elaboración do currículo, inscrición na bolsa de emprego de Femuro, información sobre recursos para a busca de emprego, pautas para superar unha entrevista de traballo, en en xeral, apoio e asesoramento en calquera dúbida que lles poirda xurdir neste senso.

O número total de beneficiarias do programa ascende a  58 mulleres e os seus fillos/as nos anos 2015 e 2016, e 46 dende outubro de 2016 ata setembro de 2017.  

 

Outros apartados relacionados co programa son: Axóuxeres, Axóuxeres Verán e Aloumiños (Femuro coa infancia).