Garantía Xuvenil

 

“O FSE invirte no teu futuro”

 

Femuro ten concedida de novo (como segundo ano consecutivo) a subvención para a contratación de traballadoras-es desempregadas-os a través doPrograma de Garantía Xuvenil, dirixida a persoas menores de 30 anos inscritas no sistema Nacional de Garantía Xuvenil en relación co obxectivo OT8 “conseguir formación e un emprego de calidade” (estratexia de comunicación 2014/2020).

Todo esto a través da Secretaría Xeral de Emprego, co apoio financieiro da Unión Europea a través do Fondo Social Europeo e a Inciativa de Emprego Xuvenil. 

 

ACTUACIÓN: 

O programa consiste en actividades educativas e formativas dirixidas a poboación do rural en situación de vulnerabilidade e/ou risco de exclusión social:

  • Formación de persoas adultas dirixidas a capacitalas en diferentes áreas: novas tecnoloxías, uso das TICS na búsqueda de emprego, adquisición de técnicas e habilidades para a empregabilidade, mellora da lecto-escritura e operacións matemáticas básicas, adquisión de diferentes habilidades sociais, formación en igualdade, preparación Graduado E.S.O. … 

 

  • Actividades extraescolares lúdico-educativas para nenas-os: reforzo escolar, manualidades, primeiros pasos co PC, educación en valores, en igualdade de xénero, hábitos saudables, xogos… mediante estas actividades favorecemos, ademáis, a conciliación.

  • Obradoiros de Igualdade en Centros Educativos de Verín e Xinzo: durante o mes de Marzo, en conmemoración do Día Internacional da Muller, fixéronse diversas actividades de visibilización de mulleres importantes na historia. 

 

INTERESE XERAL E SOCIAL

A través deste servizo achegamos recursos ao rural adaptándonos ás necesidades que a poboación presenta dando acceso á formación, especialmente a persoas en situación de vulnerabilidade. Ademais, por outra banda, favorécese a conciliación familiar e persoal mediante as actividades dirixidas á infancia.

En todas as actuacións de Femuro está presente de forma transversal a igualdade de xénero. Importante relevancia ten o traballo e actividades dirixidas á infancia neste ámbito para favorecer a coeducación.

 

 

PERSOAS BENEFICIARIAS

Persoas en situación de vulnerabilidade que viven no rural (mulleres, persoas con menores a cargo, persoas con escasos recursos, sen apoio familiar, baixa cualificación…)

As persoas beneficiarias polo tanto serán tanto nenas e nenos como persoas adultas.

Para a selección das persoas beneficiarias terase en conta prioritariamente, por unha banda, aquelas derivadas dos Servizos Sociais e outras entidades sociais e por outra, as mulleres das asociacións integradas en Femuro así como as súas familias.

 

RESULTADOS OBTIDOS

Os resultados acadados no “Programa de Educación, Formación e Conciliación no Rural” que tivo a súa consecución dende o mes de Decembro de 2017 ata Xullo de 2018 foron os seguintes:

  • Formación de persoas adultas: Alfabetización básica (mellora da lectoescritura, operacións matemáticas básicas e uso das TICS). A esta formación acudiron 32 persoas en situación de Exclusión Social; preparación para a obtención en Graduado en ESO por proba libre. A esta formación acudiron 18 persoas buscando mellorar o seu curriculo para obter empregos de calidade. 

 

  • Actividades lúdico educativas infantís: Reforzo e moito máis (durante o curso escolar) e Femuro Verán (durante as vacacións estivais). Mediante este programa traballamos directamente cos/coas nenos/as de entre 4 e 12 anos. Os resultados obtidos nestes 30 nenos e nenas foron que se fomentou a educación en valores (exemplos claros foron os días contra a Violencia de Xénero e o Día Internacional da Muller, entre outros); aprendizaxe de forma lúdica das tradicións da zona (tendo en conta tamén que había nenos e nenas de orixe inmigrante), como foron o Entroido, a Pascua e o Nadal; traballo da educación emocional e artística (traballar o arte e a expresión artísitica, contos coeducativos, xestión de emocións…); hábitos saúdables (realización de obradoiros de cociña); uso axeitado das TICS; educación musical …

 

  • Actividades de promoción da igualdade de Oportunidades en Centros Educativos: Actividades de Igualdade no mes de Marzo con motivo do Día Internacional da Muller. O tema que levamos foi a visibilización de mulleres que fixeron historia, e as actividades chegaron a un total de máis de 400 nenos e nenas en Verín e 100 en Xinzo de Limia.