Consello Galego das Mulleres

FEMURO ten a honra de dispor de representación neste órgano que nace no ano 2014 en base ao recollido no Decreto 157/2012 do 5 de xullo de 2012 polo que se desenvolve a Lei 11/2007 do 27 de xullo galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

Trátase dun órgano colexiado e institucional de Galicia de carácter consultivo, de participación e asesoramento en materias de políticas de igualdade. Contan con representación no Consello Galego das Mulleres todas as Consellerías da Xunta, as asociacións e federacións de mulleres, entre elas FEMURO (con 15 representantes que foron elixidas nun proceso aberto, público e democrático), as organizacións empresariais, as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación das Administracións Públicas e a Fegamp.

A presidencia do Consello osténtaa a Secretaria Xeral da Igualdade, Dna. Susana López Abella e o Consello reúnese en Pleno e en  Comisións de Traballo. O Consello desenvolve o seu traballo a través de 3 Comisións creadas no 2015 centradas nas temáticas: muller e discapacidade, situación sociolaboral e muller rural, tendo representación FEMURO nas dúas últimas.