Día internacional de muller

FEMURO e as súas asociacións conmemoran anualmente O Día Internacional da Muller, institucionalizado na data do 8 de marzo.

Na súa orixe esta xornada xurdiu para reivindicar o papel da muller no mercado laboral, de aí que orixinariamente se denominara: “Día da Muller Traballadora” A historia máis extendida sobre a conmemoración desta data fai referencia aos feitos que sucederon en 1908 onde faleceron queimadas 146 mulleres traballadoras nunha fábrica textil de Nova Iork nun incendio provocado polas bombas que lles lanzaron ante a negativa de abandoar o encerro no que protestaban polos baixos salarios e pésimas condicións de traballo que padecían. 

A lenda conta que as empregadas estaban traballando con teas de cor violeta e que o fume que saía da fábrica tiña esa cor, que puido apreciarse a kilómetros de distancia. De aí que a cor violeta se veña asociando tradicionalmente á muller.

Sen embargo, para que fose un día no que reivindicar o papel xeral da mujer, non únicamente no ámbito laboral, reclamando a igualdade en tódolos ámbitos, a ONU en 1975 o declara como “DÍA INTERNACIONAL DA MULLER”.

Dende FEMURO queremos poñer de manifesto a nosa forte aposta e decidido compromiso para contribuír a superar as desigualdades que veñen existindo inxusta e históricamente que impiden o desenvolvemento pleno da muller na sociedade.

Nesta data máis que celebrar QUEREMOS RECLAMAR: o fin da discriminación, que se erradiquen as violencias machistas, que se acade a igualdade salarial, a universalización dos coidados, a libre elección, a equiparación de dereitos,..