Reforzo e moito máis

Unha tarde á semana, durante o curso escolar (de Setembro a Xuño) nenos e nenas de 3 a 10 anos participan nesta actividade que se está a desenvolver dende o ano 2015 na sede social de Femuro (en Verín).

Esta actividade pretende ser un espazo no que nenos e nenas desenvolvan habilidades persoais, aprendan a xestionar as súas emocións, adquiran hábitos saudables, e se relacionen gozando das actividades lúdicas que lles propomos. 

Así, algunhas das actividades que realizamos son: reforzo escolar, obradoiros de cociña, informática, xogos, manualidades, celebración de días internacionais (día da muller, día da paz, día do teatro…), festas tradicionais (entroido, nadal…)  cancións, animación a lectura, sesións musicais, expresión artísitica, educación emocional… 

Procuramos que este espazo sexa un espacio creativo, de boas relacións, de ambiente agradable e no que nenos e nenas poidan expresar libremente os seus desexos, emocións e preocupacións e no que, ademais de aprender poidan divertirse e xogar con outros nenos e nenas de diferentes culturas, idades e circunstancias.