Axóuxeres

 

Durante todo o ano, nais con fillos e/ou fillas menores de 3 anos veñen a Femuro para traballar a estimulación e apego ao bebé. Así, nais e fillos/as conxuntamente traballan habilidades psicomotoras, afectivas, lúdicas, autoestima, empoderamento, habilidades sociais, hábitos saúdables, etc. 

No periodo estival facemos Axóuxeres Verán, onde dita estimulación faise maioritariamente ao aire libre e os/as bebés e as súas nais comparten experiencias e xogos con toda a familia (irmáns, irmás, papás…) 

 

Axóuxeres e Axóuxeres Verán son  actividades enmarcadas dentro do programa “Concilia e Emprega”, financiado íntegramente pola Secretaría Xeral da Igualdade e o Fondo Social Europeo.