Aloumiños

 

 

 

 

 

A actividade ALOUMIÑOS: MATERNIDADE EN POSITIVO está dentro do programa “Femuro concilia e emprega”, destinado a mellorar a vida das mulleres en situación de vulnerabilidade xestantes ou lactantes, con fillos ou fillas menores de 3 anos. Este programa está financiado pola Secretaría Xeral da Igualdade e o Fondo Social Europeo.

Aloumiños é unha proposta de obradoiros independentes nos que se tratan temas relacionados coas nais e os seus bebés. 

Así algunhas das sesións realizadas e programadas son:

  • Masaxe de bebés coas mans da mamá. Shantala. 9 de xuño.
  • Saúde reproductiva e anticoncepción. 16 de xuño.
  • Primeiros auxilios para bebés e nenos-as. 23 de xuño.
  • Coidados básicos do bebé. 4 de Setembro.
  • Lactancia, vínculo e tipos de crianza. 11 de Setembro.

As clases son impartidas por unha matrona do Hospital de Verín no local de Femuro, nas que se desenvolve un programa de atención integral, profesional e cercana.